circo (lat. circu(m), id:) s.m. 4. fig. Situación confusa e desordenada.
psicópata (de psico- + -patía) s. 2. Persoa cun comportamento en desacordo coas normas sociais admitidas como normais para a idade, sexo, época, etc, á que pertence.
asSircópatas podería encaixar perfectamente na combinación destas dúas definicións. Pero tamén somos outra cousa.
asSircópatas leva na rúa dende 2003. Medra sen presa e sen pausa. Atopa na rúa e no circo o espacio e a ferramenta para partillar algo que non quere quedar dentro. Ese algo é a súa forma particular de ver o mundo, o humor, a vida, os conflictos, as solucións... Sempre coa teima de facelo dun xeito libre, real, absurdo, intelixente, estúpido, reflexivo, novo...
Así, transformando rúas en teatros e teatros en rúas, e usando os elementos do circo en clave teatral, vai desenrolando o seu sirco.